mércores, 25 de febreiro de 2015

GRUPO DE TEATRO DA OPRIMIDA

Hoxe o alumnado de 4ª da ESO participou na obra de teatro A viaxe de Ana do grupo "100tolas". Con esta obra denunciase a situación de inxustiza que sofre unha imigrante peruana en España á hora de buscar traballo.

Se queredes máis información sobre esta forma de denuncia premede aquí.





mércores, 11 de febreiro de 2015

Os Dereitos Humanos tamén son cousas de nenos.

Deixamosvos aquí un vídeo no que se denuncia a situación da infancia de cerca de 300 nenos que viven en el Gallinero, un enclave chabolista situado a 12 kilómetros do centro de Madrid, en situación de extrema vulnerabilidade. As condicións nas que viven representan unha grave violación dos seus dereitos humanos; entre outros, non se está respetando o seu dereito a unha vivenda digna, á auga e ó saneamento, ás axudas sociais, á educación o á saúde.



mércores, 4 de febreiro de 2015

Viñetas 'Je suis Charlie'




















                                                               










O mes pasado os alumnos de 4º da Eso de plástica xunto cos de francés do mesmo curso, fixeron unhas viñetas en honor ás vítimas do atentado que sufriu a redacción do periódico Charlie Hebdo.

Charla sobre o alcohol e as drogas







 O día 2 de febreiro Ramón Peña, formador da Garda Civil de Lugo, deu unha charla a todo o alumnado do IES sobre o alcohol e outras drogas dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos Centros educativos e os seus entornos.