mércores, 4 de marzo de 2015
Programa de radio.
O martes 3 de marzo o alumnado de 4º de ESO do IES Alfoz-Valadouro gravamos un programa radiofónico para denunciar a mortalidade infantil en países subdesenvoltos e a desnutrición en España.
O entrevistado foi Pedro Reimunde,natural de Alfoz e cooperante en países como Camerún ou Guinea Bissau.
Esta actividade forma parte do programa O mundo que queremos, proxecto de educación para o desenvolvemento que forma parte da Plataforma de Innovación Educativa Plan Proxecta, promovido pola Consellería de Educación.
As radios comunitarias de Guinea-Bissau
Aquí vos deixamos un vídeo onde atoparedes máis información sobre as radios comunitarias de Guinea-Bissau
mércores, 25 de febreiro de 2015
GRUPO DE TEATRO DA OPRIMIDA
Hoxe o alumnado de 4ª da ESO participou na obra de teatro A viaxe de Ana do grupo "100tolas". Con esta obra denunciase a situación de inxustiza que sofre unha imigrante peruana en España á hora de buscar traballo.
Se queredes máis información sobre esta forma de denuncia premede aquí.
mércores, 11 de febreiro de 2015
Os Dereitos Humanos tamén son cousas de nenos.
Deixamosvos aquí un vídeo no que se denuncia a situación da infancia de cerca de 300 nenos que viven en el Gallinero, un enclave chabolista situado a 12 kilómetros do centro de Madrid, en situación de extrema vulnerabilidade. As condicións nas que viven representan unha grave violación dos seus dereitos humanos; entre outros, non se está respetando o seu dereito a unha vivenda digna, á auga e ó saneamento, ás axudas sociais, á educación o á saúde.
mércores, 4 de febreiro de 2015
Viñetas 'Je suis Charlie'
Charla sobre o alcohol e as drogas
O día 2 de febreiro Ramón Peña, formador da Garda Civil de Lugo, deu unha charla a todo o alumnado do IES sobre o alcohol e outras drogas dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos Centros educativos e os seus entornos.
xoves, 29 de xaneiro de 2015
CONTRA O RACISMO
Xa o ano pasado comezamos unha campaña contra o racismo no noso centro facendo este rap:
Este ano continuamos ca campaña en loita contra o racismo facendo distintos vídeos sobre este tema, aquí vos deixamos algúns, esperamos que vos gusten:
martes, 27 de xaneiro de 2015
RECICLAXE
Aquí vos deixamos outra entrada con máis traballos que fixemos colaborando con Voz Natura.
Fixemos unha campaña de reciclaxe, con audiovisuais, carteis e chapas.
xoves, 22 de xaneiro de 2015
BENVIDOS!
Con este blog pretendemos axudar co noso pequeno grao de area ao mundo, intentar transmitir os dereitos das personas co cuarto obxectivo do milenio. É dicir, intentar reducir a mortalidade infantil colaborando coa ONG "O Mundo que queremos".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)